Miguel Mosquera (Ourense, 1953)
El collage se ha establecido por pleno derecho como un privilegiado procedimiento de producción de
sentido en el arte del siglo XX, y la creciente fragmentación de la experiencia anuncia que continuará
siéndolo en el siglo presente: parece que todavía seguimos ensayando nuevas posiciones del paraguas y
la máquina de coser sobre la mesa de disección, según la feliz expresión de Isidore Ducasse que los
surrealistas tomaron como divisa.
Superposición de espacios, tiempos y lenguajes; el collage simultaneará lo dispar: separa lo reunido y
conecta lo separado. Cada nuevo montaje genera desubicación y cambia el sentido de la lectura; el
conjunto sólo toma sentido en función del reparto de posiciones. Así se abre ante nuestros ojos el
territorio ligero, impredecible e inestable del montaje: “una máquina de producir polvo en el espacio,
viento en el tiempo” (Ernst Bloch).
Retirado a su koljós de Sta. Mariña do Monte, Miguel Mosquera lleva muchos años investigando la
vertiente más soviética y radical del ensamblaje, aquella que no se apoya tanto en la chispeante
heterogeneidad de los campos simbólicos en liza, como en la quiebra del plano de lectura y apuesta por
la puesta en evidencia de los cortes y junturas: la denuncia de la naturaleza construida de la realidad.

 

Texto de Angel Cerviño y Alberto Glez.Alegre (Comisarios de la Exposición " O boceto del mundo")


 

VERSO
      No verso aparecen as cousas como son, como se entenden agora que todo ten dúas caras. Aquí
aparecen os textos recollidos, as frases sinaladas e tamén, como non, os mapas da infancia tenramente
depositados como indicadores de que non todo foi perdido ñas últimas batallas. No verso están
representadas as pezas do cotián que visten galas extraordinarias baixo a urna iluminada. No verso
poden ter a certeza os crédulos de que non hai arte malintencionada senón olios torpes e que cada pao
aguanta velas diferentes e cada vela resiste ventos contrarios. No verso están as cidades vistas dende o
refugallo reconvertido en materia construíble, convertindo o azar nunha causa para reciclar cada
paisaxe: ó cabo estamos nunha época de revisións.
       No verso podemos asistir ó resultado de cada xesto que sitúa cada signo dentro do cadro e cada
cadro dentro do mundo. Os signos son en Miguel Mosquera tan variados que pode pensar o
espectador que o bosque das mensaxes cruzadas non deixa ver as árbores de papel. O artista non lie pasa
inadvertida a circunstancia e por eso aproveita o verso de cada xesto para deixar constancia da súa
estética: non hai que forzar os obxectos para encontrar un lugar no espacio porque cada obxecto
ten o seu lugar e se desenvolve nel con naturalidad
 

REVERSO
      No reverso as cousas non son como parecen. No reverso da pintura de Miguel Mosquera están as
cidades, pero non pensen que están escritas con cemento. As cidades constrúense dende os signos,
como demostra a existencia de tantos gurús que nunca descubren os seus reversos. As cidades
constrúense dende os símbolos e Mosquera decide descubrir os seus segredos escribindo unha sorte de
intrahistoria que despraza as grandes palabras en favor dos pequeños xestos. O reverso de cada cadro
é a revisión do escrito con anterioridade para cambiar a súa disposición. Revisitar o afirmado é
 tarefa de artistas que advirten que cada imaxe debe ter unha lectura non establecida.
       No reverso reside a léxica que o olio non advirte, eso que alguén con académico afán pedería
 chamar estructura, pero que en realidade é a expresión do carácter intuitivo do artista para ver
 alen do cotián. Aquí radica tamén a capacidade de olio artístico para ver na selva visual do presente os
 materiais   que   de   certo   definen   a contemporaneidade. No reverso podemos encontrar
 o verdadeiro lugar do canto, ai onde Mosquera aplica a disciplina do caos para que cada parte
 encontré o seu lugar no todo. No reverso, finalmente, se somete cada unha desas pequeñas
 iconografías á decisión do artista, como din que os homes se someteron, noutrora, as decisións do deus
 que inventaran.
 CAMILO FRANCO


Fernando Ferro ( Madrid, marzo de 2003 )


“ He llegaíto a la conclusión, yo que he recorrió el mundo, que los gitanitos de Cai no tienen comparación “ *

 

Pois, así é, Miguel Mosquera desfruta co flamenco. Cuestión que pode parecer banal, a aquele que descoñeza o talante vital e o método de creación plástica deste galego culto e alegre.

 

O seu método é o exercicio do sincretismo cultural e técnico. A integración sobre a base dunha realidade próxima que goza, coñece, padece e tenía mudar, de toda ación verdaderamente comunicativa, por distante ou estraña que inicialmente resultar. Integración de todo aquilo que teña cualidades de xerar unha tensión dialéctica contra o propio e sexa capaz de elevar o seu discurso plástico a un estadio máis elevado.

 

  Nos formatos do seu traballo presente abandonou, trascendeu, as directrices das vangardas que sempre lle interesaron (constructivismo, arte póvera, land art), tamén a falsa contradicción a que estiveron fatalmente submetidas as Artes en Occidente,  bifurcándose en dous caminos expresivos irreconciliábeis en función de o soporte material ser de dúas ou tres dimensións (pintura-escultura). Outra limitación abandonada, tal vez debido ao desenvolvemento do aspecto antes mencionado, é o dos dous planos fixos de referencia: horizontal-vertical; e constrúe a súa obra nuns parámetros espaciáis máis complexos, nos cales se insere a dimensión temporal. Agora a imaxe complétase e féchase coa música e a palabra nun espacio ecuménico. Nos seus cadros  vense as disonancias das trompetas de Chet Baker e Miles Davis, e vese pasar o tempo longo da Natureza nesas testemuñas mudas que son as buguinas de caracol, as penas de ave e os osos de animáis. 

  

Respecto á  orde técnica, a disciplina utilizada é aquela da acumulación. Sen prescindir de         nada, tanto pode facer uso de imaxes dixitais como de elementos naturais, as accións vanse sucedendo unhas sobre as outras, vanse sedimentando, en ocasións semiocultando as capas inferiores e neutras deixándoas aparecer mediante veladuras que ponen de manifestó novos valores, propiciados polos acontecementos posteriores.       

    As cores nas súas obras conviven en aberto conflicto. O campo de xogo acostuman a delimítalo os moderados tons naturais e chocan frontalmente coas cintilantes cores artificiáis, que son escollidas para enfatizar algún acontecemento singular.       

      Pois é, que Miguel Mosquera enfrenta unha longa vida vindeira, atesourando xa unha sólida bagaxe   como artista, posuíndo un xeito de dicir propio que ten decantado o tempo e a bondade, e que aínda sabendo que na Arte non hai xerarquías, non dubido en sitúalo entre a aristocracia do gremio.

 *Estes versos pódense cantar o lar ao compás dunhas alegras de Cádiz


A transparencia non é unha cortina de baño pola que escorrega a auga. A transparencia é certa capacidade de advertir as cousas alen da súa fachada. Non é tanto unha actitude mística ou clarividente, é un xeito de mirar que recoñece a verdadeira dimensión do mirado, o que hai en cada cousa de ser e de representación. Ese é o equilibrio perdido. O presente anda agora poderosamente inclinado a favor da representación, con ese aire que pode ser literario ou mentiroso, pero que non sempre consigue agachar a febleza da súa osamenta. É unha dicotomía complementaria: hai cousas que son e hai que cousas que representan ser. Logo están os que, ó mesmo tempo, son e representan.

 

Digamos que houbo un tempo no que a arte tina por cometido representar. Houbo un tempo, quero decir, no que ese cometido era obvio. Despois veu a batalla da hermenéutica e agora estamos todos aquí, buscando luz entre os ventos de guerra e os formidables naufraxios da administración política que acaban en marea negra.

 

Discernir entre o que as cousas son e o que significan é labor da cultura moderna, a de agora e a de Aristófanes. Un traballo terrible, ben mirado, porque quizáis obrigue a recoñecer nos signos todo o que teñen de verdadeiro e todo o que con eles levan de falsos. É un discurso antiguo, xa o sei, a diferencia entre o verdadeiro e o falso é so unha convención que semanexa agora con bastante soltura e, sen embargo, segué ai, como as vellas ferramentas que aínda sirven para retirar as cañerías podres. No discurso de Roland Barthes había, sen embargo, hai unha conclusión que é tan inxeñosa como atrevida. Unha pequeña peza do pensamento: en cada cousa hai materia suficiente como para interpretar a sociedade que a produciu. Que é tanto como dicir que en cada cousa hai verdade suficiente como para representar ó conxunto. Barthes prolongou a súa reflexión advertindo que se cada obxecto representaba ó conxunto debería haber unha ciencia para interpretar a cada obxecto. A esta curiosa pero xenial interpertación chamouna mathesis singularis e sirve para deixar aberto un campo ben, ben grande para todos os que queiran xogar a esa inmensa diversión da interpretación.

 

Claro que ser e representar non é exactamente o mesmo, así que deberíamos prolongar aínda máis a intención de Barthes antes de decidir se haberá unha ciencia que sirva para ir catalongando as cousas que son e as que representan.

 

Por esta banda traballa Miguel Mosquera, nun sentido tai que os seus cadros son tal, pero tamén pedería ser escenarios reducidos nos que se interpretan algunhas formas do mundo. Para o artista, os obxectos son e representan, pero como pasa coas perseas o seu carácter depende moito das variables que Ortega definía como circunstancias. Teñen un valor por ser como son: restos de imaxes, tarecos sin cometidos aparentes para un mundo que sobreprecia a utilidade, papéis, anacos solios como se foran pezas dun rastro ou dun cambalache. Pero ademáis do inmediato, teñen o valor de representar algúns roles para os que non foron pensados. En moitos sentidos, os cadros de Mosquera son agora pequeñas postas en escea, teñen o seus aquel dramático, é decir, funcionan con unha linguaxe que cruza o aire das comedias paródicas con algunhas historias de suspense.

 

A transparencia- Camilo Franco (marzo do 2003)